Obituario. Florentino Ruibal, Flor da Maquía

0

Foi no ano 2014 cando Lindeiros achegouse a Poulo, en Ordes, para falar con Florentino Ruibal, Flor da Maquía. Agora que xa non esta quédanos a súa ilusión, a súa voz e a súa música e Lindeiros quere compartilo todo con vos coma unha homenaxe a él.

Obituario. Florentino Ruibal, Flor da MaquíaFlor da Maquía levou a música no corazón desde moi pequeno. No corazón e a todas partes cun punteiro de canaveira construído por el mesmo

Eran tempos duros nos que todas as mans facían falta. O pai de Florentino viu a paixón do rapaz e díxolle que si o acompañaba a traballar compraríalle a súa primeira gaita

Obituario. Florentino Ruibal, Flor da MaquíaFlor da Maquía foi un músico autodidacta. Cando un o escoita contar como aprendeu decátase da súa incrible capacidade para a música

A non tardar moito buscou con quen saír a tocar e innovaron incorporando ao grupo un clarinete cando por aquel entón todos os grupos levaban dúas gaitas

Obituario. Florentino Ruibal, Flor da MaquíaA competitividade non é un invento nin do capitalismo nin da era moderna, forma parte do ser humano. Non pasou moito tempo ata que outros veciños formaron outro grupo e comezaron tamén a ensaiar

Falamos dun tempo moito mais honrado. Aparecían as primeiras orquestras, formadas nas parroquias, e interpretaban temas que podían ser adaptados para grupos como o de Florentino. Hoxe en día eso sería imposible, sobre todo porque en moitos casos as orquestras en realidade non tocan

Obituario. Florentino Ruibal, Flor da MaquíaO nome de Flor da Maquía non aparece ata que as netas de Florentino deciden que ten que volver a tocar, si o de Flor está claro o da Maquía remóntase na noite dos tempos a unha circunstancia familiar

A vida da moitas voltas e as veces chega ao principio de novo. Unha anxina de peito apartou de súpeto a Flor da Maquía da música. Cando se recuperou volveu a mercar unha gaita de segunda man, como cando era novo, e aprendeu de novo a tocar enchendo un fol cun aparello como os que se usan na praia para as colchonetas. Non é doado como el mesmo nos contaba

Obituario. Florentino Ruibal, Flor da MaquíaA conversa dou para moito máis e conservamos un del e da súa familia que nos tratou como amigos. Desde aquí o noso máis sentido pésame polo pasamento de Flor da Maquía; quédamos a súa voz, a súa música e o seu cariño.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial