Novos vestiarios para o pavillón Castelao I de Ordes

0

Ordes, 4 de novembro do 2019 – O concello de Ordes ven de rematar as obras de acondicionamento dos vestiarios interiores do pavillón polideportivo Castelao I.

O orzamento das melloras no pavillón ascenderon a 48.399,88 euros, sufragados nun 80% por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

melloras vestiarios Castelao

dav

Os traballos consistiron na demolición tanto dos tabiques interiores de ladrillo como todo o pavimento. Levantáronse portas, azulexados, elementos de abastecemento e saneamento, así como as pezas sanitarias para recolocalas posteriormente.

Tamén se instalaron novas tubaxes de PVC e polipropileno para os sistemas de saneamento, no primeiro caso, e abastecemento no segundo. Para o revestimento optouse por gres de porcelana.

melloras vestiarios Castelao

sdr

As novas portas están compostas de aceiro lacado e colocáronse novas fiestras de dobre folla corredía con ponte térmica para a ventilación do espazo. A maiores, a zona de duchas impermeabilizouse e dotouse con novos sumidoiros para a recollida de augas.

O proxecto tamén reflicte outras melloras no apartado de equipamentos. Como por exemplo a substitución do marcador electrónico e a ampliación do enreixado de seguridade deste, nova rotulación dos distintos espazos e novos bancos con zapateiro e alzadeiro. O vestiario dos árbitros tamén se dotou de cabina de ducha.

melloras vestiarios Castelao

dav

A maiores, e seguindo no ámbito do pavillón Castelao, este xa está directamente conectado co IES Nº1, situado nas inmediacións, a través dunha pasarela de 36 metros lineais e 1,50 metros de anchura. O obxectivo principal desta obra levada a cabo polo Concello de Ordes é  erradicar as barreiras arquitectónicas e facilitar o tránsito de persoas con diversidade funcional entre ambas as edificacións. A valoración total desta instalación sitúase nos 2.462 euros, sufragados integramente polo ente municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial