Ordes acomete melloras no polígono de Merelle

0

Ordes, 7 de novembro do 2019 – O concello de Ordes ven de acometer melloras no polígono de Merelle cun investimento cercano aos 120.000 euros.

As obras consisten na adecuación de varios tramos de beirarrúas, cunha lonxitude total de 2.853 metros cadrados. Para estes traballos o concello recibiu unha subvención de 93.399,87 por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

polígono de Merelle

dav

Na superficie total contemplada e nunha lonxitude de 1.800 metros diferéncianse 990 metros de reposición completa das beirarrúas existentes dun metro de ancho, as cales presentaban un moi deficiente estado de conservación. Nelas colocouse un bordo de formigón e a canalización para o sistema de iluminación pública. Súmanselles outros 810 metros de ampliación do ancho actual en 2,30 metros.

polígono de Merelle

sdr

En todos os casos previamente procedeuse coa demolición, nivelación e compactación do pavimento xa existente. Tamén se procedeu coa canalización de 315 metros de media e baixa tensión con tubos de polietileno.

polígono de Merelle

sdr

Completan a obra a execución das arquetas con sumidoiro e unha partida para a adaptación de pozos e arquetas xa existentes á nova rasante.

polígono de Merelle

dav

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial