Ordes acomete obras na rede de abastecemento da Rúa Nova

0

Ordes, 9 de novembro do 2017 – Ordes asinou o contrato para o mantemento e a mellora do sistema de abastecemento de auga na rúa Nova, ata a súa confluencia coas rúas Lagartos e  Rosalía de Castro.

O investimento na Rúa Nova supera os 125.000 €, os cales se sufragarán co remanente rexistrado no exercicio do ano anterior, tras a modificación de crédito aprobada recentemente en pleno.

A obra suporá a canalización de 567 metros de tubaxes de polietileno, dos que 530 serán de 90 mm de diámetro e 10 atm de presión (os restantes de 40mm e 10 atm). Dotarase tamén da correspondente valvulería  e arquetas de aloxamento para abastecemento de auga potable, así como a canalización de 530 metros de tubo de prolipropileno destinado á  iluminación pública. Segundo estimacións do Concello e da contrata as obras darán comezo ao longo dos vindeiros días co fin de poder rematalas e ofrecer o mellor servizo o máis pronto posible.

O proxecto tamén contempla a construción de máis de 600 metros lineais de beirarrúas en ambas as marxes da Rúa Nova(265 m en cada unha delas). As beirarrúas levarán bordo de granito e baldosas de formigón, en substitución da construción anterior, a cal presentaba un elevado nivel de deterioración. Unhas tarefas que xa se están levando a cabo dende hai varias semanas en outro tramo da mesma rúa Nova, entre Rosalía de Castro e Rúa Galicia, grazas a un investimento da Xunta de Galicia, financiado íntegramente pola Consellería de Medio Ambiente (plan hurbe).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies