займ срочно

Ordes organiza a súa primeira San Silvestre

0

Ordes, 16 de Nadal do 2017 – O Departamento de Deportes do Concello de Ordes organiza de cara ao vindeiro 31 de decembro a I San Silvestre Ordes cun percorrido de 3,700 metros.

O día de fin de ano celébranse en todo mundo milleiros de carreiras, levan o nome de San Silvestre xa que é o que corresponde a esa data no santoral católico. A primeira tivo lugar en Sao Paulo, Brasil, no 1925 e tomaba a idea dunha de París na que os atletas portaban fachos. Aquela primeira carreira comezou antes das doce da noite rematando na madrugada do día 1.

A san Silvestre de Ordes dará comezo ás 12 horas e o lugar de saída situarase na rúa Entreparques, onde media hora antes do comezo da proba comezarán a repartirse os dorsais.

As persoas que vaian participar deberán inscribirse gratuitamente en www.carreirasgalegas.com, a organización unicamente solicita que cada participante achegue un quilo de alimentos non perecedoiros ou ben produtos de hixiene persoal. Ademais tamén se repartirán camisetas, agasallos, chocolate quente e rosca entre todas e todos os atletas.

Nesta ocasión o Concello de Ordes conta coa colaboración do Club Atletismo Ordes, da Federación Galega de Atletismo e de Cáritas Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies