Ordes xa ten orzamentos ao expirar o prazo para a moción de censura

0

Ordes, 18 de xullo de 2017.  Un mes despois de que o alcalde de Ordes vinculara a aprobación do seus orzamentos a unha cuestión de confianza, ao non presentarse, son aprobados de xeito inicial.

Pleno de orzamentos

Pleno de orzamentos

O prazo que realmente se viu expirar o pasado sábado pero que por non ser día hábil estendeuse durante toda a xornada do luns sen que ningún grupo presentara oficialmente unha moción de censura.

O procedemento marcado pola lei establece que os orzamentos deberán publicarse no BOP e agardar quince días tras a súa publicación. “No caso de que todo vaia correctamente agardamos poder aprobalas definitivamente ao longo da última semana de agosto”, segundo explicacións alcalde José Antonio Sanjurjo.

É a primeira vez que o equipo encabezado por José Luis Martínez Sanjurjo poderá xestionar os seus propios orzamentos, os cales ascenden a 9.100.000 €. Estes viñan sendo prorrogados dende o ano 2015, o que “impedía cumprir cos compromisos adquiridos coa veciñanza e os derivados do programa electoral que presentamos no seu día” en palabras do propio alcalde.

Segundo explica o rexedor local as novas contas, inicialmente defendidas e rexeitadas por todos os membros da oposición o pasado 5 de xuño “caracterízanse polo mantemento dos servizos esenciais, con especial dedicación aos colectivos máis desfavorecidos, sendo as súas liñas fundamentais o saneamento das contas municipais mediante a contención do gasto  público e a eficiencia na asignación dos recursos municipais. Á par garanten a sustentabilidade dos servizos municipais fundamentais, o mantemento dos créditos ás políticas sociais, de emprego e fomento económico, así como os investimentos produtivos”. Unha argumentación na que tamén destaca “un incremento de ingresos de case un 7% e dun 26,54% de gastos con respecto aos orzamentos anteriores prorrogados”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial