Ordes mobilízase contra o Parque Eólico Solpor

0

Ordes, 22 de maio do 2020 – O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes mobilízase contra a instalación do Parque Eólico Solpor, en exposición pública pese ao estado de alarma.

A organización veciñal está traballando para presentar alegacións ante a Consellería de Medio Ambiente. O Parque Eólico Solpor según Salvemos a Comarca afecta de xeito directo ao Camiño de Santiago e as aldeas de Ordes e Mesía.

Un parque eólico que se repiten

O proxecto está promovido desde a empresa Green Capital Power que hai dous anos se viu obrigada a retirar outros macroproxectos eólicos na mesma zona pola presión veciñal e institucional. Desde Salvemos a Comarca de Ordes explican que agora o que fai é usar a “trampa” de fraccionar os proxectos aínda que os presente para os mesmos espazos.

Ordes mobilízase contra o Parque Eólico Solpor

Simulación aproximada do impacto visual do parque eólico Solpor sobre o camiño de Santiago no seu paso por Cabeza de Lobo, Ardemil

Tramitación durante o Estado de Alarma

O Parque Eólico Solpor está na actualidade en fase de consultas, en exposición pública, a na lista de proxectos sometidos a avaliación de impacto ambiental da Xunta de Galicia, todo pese ao Estado de Alarma.

O colectivo veciñal ‘Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas’ pon a disposición de toda a veciñanza afectada un documento de consideracións contrarias á autorización deste parque eólico e piden a todas as persoas afectadas a asinalo e presentalo canto antes no

rexistro da Xunta ou a través da propia web da Consellería de Medio Ambiente, “para poder impedir a chegada dos macroeólicos entre as aldeas”.

Ordes mobilízase contra o Parque Eólico Solpor

Figura extraída do documento de inicio do parque eólico de Solpor, onde se recoñece a relación co resto de parques proxectados para a comarca, pero aínda inexistentes

Sete muíños

O parque eólico, promovido pola empresa Green Capital Power, está formado por 7 muiños de vento e unha subestación eléctrica, situados concretamente nas parroquias de Olas (Mesía), Vilamaior, Buscás e Ardemil (Ordes), entre aldeas habitadas, nunha zona moi próxima ao trazado do Camiño de Santiago. Esta zona está catalogada pola Xunta como Zona de Especial Interese Agrario.

Falta de información

O colectivo denuncia a demais que ningún organismo, nin público nin privado, se puxo en contacto coas persoas afectadas para “informar, consultar ou valorar a conveniencia, necesidade ou oportunidade dun parque eólico en semellante emprazamento, o que vulnera a lei de avaliación ambiental e a lei de procedemento administrativo común, pois non se está garantindo que as persoas afectadas poidan ter coñecemento de toda a extensión do proxecto e poidan actuar no mesmo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial