займ срочно

Ordes pechou o Entroido co Sábado de Piñata

0

Ordes, 11 de marzo do 2019 – As rúas de Ordes enchéronse de xente chegada de distintos lugares de dentro e fóra da comarca con un obxectivo común, desfrutar dunha tarde chea de cor, creatividade e diversión grazas ao Sábado de Piñata.

O Sábado de Piñata é unha das citas máis destacadas dentro do calendario de celebracións locais que o Concello de Ordes organiza cada ano. O elevado número de asistentes, tal e como se agardaba, viuse no público que abarrotou as principais rúas da vila e posteriormente o Campo da Feira, escenario habitual para o tradicional concurso. Tamén hai que ter en conta os máis de 400 participantes que cos seus disfraces e fantasías achegaron a alegría, a sátira e o humor á capital da comarca. En total foron máis dunha ducia de comparsas inscritas, case outros tantos disfraces individuais entre adultos e infantís, ademais das impresionantes carrozas.

Non só os participantes viviron o Entroido de forma alegre e divertida. Numeroso público sacou os disfraces de días pasados para saír á rúa e continuar a festa unha vez rematado o programa previsto para a tarde. Nenos e adultos caracterizáronse das máis distintas maneiras. Piratas, pallasos, animais, superheroes, guerreiros ninjas, persoeiros de contos e dos debuxos animados da tele etc. Non faltou ningún.

Por suposto, disfrutando en todo momento do acto púidose ver ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado da case totalidade dos integrantes do seu equipo de goberno. Foron eles e elas os encargados de entregar os premios aos gañadores e gañadoras desta nova edición do Entroido ordense. Nada máis e nada menos que preto de 4.500 euros foron os cheques que se repartiron entre os máis votados de cada categoría, valorándose non só o traballo, a elaboración dos traxes ou a coreografía, senón tamén a simpatía e a orixinalidade.  

Un ano máis o Concello de Ordes contou co apoio e patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores para esta celebración. Tras a entrega dos cheques o público puido seguir a festa grazas á sesión musical levada a cabo polo dj Toni Seijas, quen tamén se encargou de presentar e conducir o concurso ao longo da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies