Ordes contará un ano máis cunha pista de xeo  no Nadal

0

Ordes, 2 de decembro do 2017 – Os veciños e veciñas de Ordes volverán contar este Nadal cunha pista de xeo, que se instalará na mesma alameda e quedará aberta ao público dende o vindeiro martes, 5 de decembro, ata o 7 de xaneiro inclusive.

A pista de xeo terá unhas dimensións de 15m x 20m baixo unha gran carpa  transparente de 20m x 30m, na que ademais instalarase o despacho de billetes, a área de patíns e bancos. Tampouco faltará en todo momento música ambiental.

Ordes instala pista de xeoDende o 5 ao 21 de decembro o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 22 horas, mentres que os sábados, domingos e vésperas de festivos será de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. A partir do día 22 de decembro abrirá de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 22 horas, mentres que as fins de semana e véspera de festivos será de 11 a 14  e de 17 a 22 horas. Ademais, cómpre ter en conta os horarios especiais establecidos para días concretos. Así o 24 e 31 de decembro irá de 11 a 19 horas, o 25 de decembro de 12 a 14 e de 17 a 22 horas, o 1 de xaneiro de 17 a 22 horas, o 5 de xaneiro de 11 a 14 horas, mentres que o 6 de xaneiro abrirá ás 17 horas e pechará ás 22 horas.

Os prezos da Pista de xeo variarán. según a hora,  dende os 7 € para persoas adultas ata os 4 € para os colexios. Este ano tamén se establecerán tarifas familiares que inclúen dúas persoas adultas (6 € por cada unha) e menores de 13 anos (5 euros).

A empresa encargada proporcionará os patíns, tendo que levar os usuarios e usuarias a roupa axeitada e de abrigo para poder disfrutar da experiencia nas mellores condicións. Será recomendable que os nenos e nenas menores de 8 anos acudan acompañados dunha persoa adulta.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies