Nova plataforma contra os eólicos: Aldeas Libres de  Macroeólicos

0

Ordes, 31 de xullo do 2020 – A posibilidade de que se coloquen muíños de vento moito máis grandes cos actuais é o que impulsa á nova plataforma  Aldeas Libres de  Macroeólicos.

A plataforma iniciou unha petición en  change.org,  comezou coa repartición de pancartas nas aldeas veciñas e márcase como obxectivo impedir a construción dun  macroparque na comarca de Ordes-Curtis.

Nova plataforma contra os eólicos: Aldeas Libres de  MacroeólicosEste  macroparque estaría composto por 4 parques eólicos cun total de 36  turbinas de 200 metros de altura cada unha, 3 subestacións eléctricas e unha liña de alta tensión que atravesaría todo o territorio.

Desde a plataforma explican que “As aldeas de Galicia levan anos pasando por unha dura crise de despoboamento e realizando grandes esforzos para soster os negocios rurais. Agora ven novamente en perigo pola ameaza por enormes infraestruturas industriais que supoñen estes  macroparques eólicos e que serán instaladas a apenas 500 metros das aldeas, arriscando a seguridade, saúde e calidade de vida dos seus habitantes e sentenciando o futuro destes lugares”.

Nova plataforma contra os eólicos: Aldeas Libres de  MacroeólicosDesde a plataforma reafirman a súa posición de apoio total ás enerxías renovables pero denuncian que estas instalacións non deben facerse nas aldeas nin en zonas rurais onde hai unha importante e notable actividade agraria, xa que supoñería o final destes lugares que son motores económicos da comarca.

A Comarca de Ordes foi declarada de especial interese agrario pola Xunta no 2007. O valor económico que o sector agrario deixa na comarca é o segundo que máis afiliacións á seguridade social achega segundo datos do IGE, e só superado polo comercio  detallista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial