займ срочно

O Pleno de Ordes aproba a redución de taxas

0

Ordes, 21 de outubro do 2019 – Pleno extraordinario en Ordes no que se debateu a modificación de distintas taxas e ordenanzas fiscais ademais do sorteo de mesas electorais.

No caso do IBI aplicable aos bens de natureza urbana e rústica, o tipo redúcese nun 2% situándoos no 0,50%, mentres que para os de características especiais fixouse nun 1,30%. Un punto este no que o BNG mostrou a súa disconformidade ao considerar esta baixada “insuficiente para compensar a subida de valores catastrais” e que, segundo os seus cálculos, “debería situarse no 0,49%”.

Respecto das taxas de auga e saneamento incrementaranse en base ao IPC, mentres que as do servizo de recollida de lixo redúcese nun 4,21% para cumprir así co compromiso aceptado no seu día polo Concello para poder aplicar a bonificación do canon de Sogama. Tanto o PSOE como o BNG reclamaron que este fose maior para compensar os “prexuízos do transporte de residuos ata as instalacións situadas en Cerceda”.

Os vehículos de tracción mecánica gozarán dunha bonificación do 25% no caso de ser híbridos ou non utilizar un carburante contaminente durante os cinco primeiros anos dende a primeira matriculación; e estarán bonificados no 100% se son históricos ou cunha antigüidade mínima de 25 anos. Neste aspecto os nacionalistas defenderon que fose do 25% para os vehículos híbridos e incluso maior si son eléctricos ou propulsados con hidróxeno.

No que respecta ao cemiterio municipal, e máis concretamente á concesión por 50 anos dos 128 columbarios construídos recentemente, a taxa ascende a 302,50 €. Esta proposta, presentada polo Goberno local, foi aprobada cos votos de todos os seus concelleiros máis o do alcalde (9). Os demais grupos abstivéronse (BNG, 1; UxO, 2; PSOE, 2).

Suplemento de crédito

Outro dos puntos abordados nesta sesión foi o suplemento de crédito procedente do remanente de 2018 para a execución das seguintes obras por un importe total de 132.479,28 €: Senda peonil que transcorre pola N-550 dende Castrelos ata o restaurante O Berreiro, na parroquia de Leira (43.855,64 €); construción de beirarrúas no Casal (48.392,27 €); e a humanización da rúa Reconciliación, (40.231,37 €).

Unha medida que foi aprobada cos votos a favor do PP e UxO, mentres a os socialistas e nacionalistas se abstiveron. Dita modificación conto co informe favorable de Intervención grazas á situación económica propicia rexistrada no Concello. Tras a liquidación dos orzamentos de 2018 esta reflicte un superávit de 1.696.465,07 €, máis un remanente de Tesourería para gastos xerais de 2.505.982,99 €.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies