займ срочно

Ordes aproba a conta xeral 2018

0

Ordes, 30 de setembro do 2019 – O pleno de Ordes aprobou a conta xeral do exercicio 2018 que cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto, do correcto período de pagamento (5,36 días) e do límite de débeda.

Segundo se indica no informe presentado polo persoal técnico municipal a conta xeral pon de manifesto “un alto grao de liquidez e solvencia por parte do Concello de Ordes”. En este punto o BNG acusou ao equipo de goberno de mentir xa que “no pleno ordinario de abril, en resposta a unha pregunta do BNG de Ordes, o alcalde cifrou a débeda total municipal a 31 de decembro de 2018 en 3.075.664,28 €. O alcalde mentiu naquel pleno dado que tal e como se reflicte na conta xeral, o endebedamento total do concello de Ordes a 31 de decembro de 2018 era de 3.756.927,13 €”.

Os apoios a estas contas viñeron por parte do Goberno local (9 votos), mentres que PSOE (2) e UxO (2) abstivéronse e o BNG (3) votou en contra.

Transferencia

Outra das mocións que prosperou foi a presentada polo grupo municipal popular para reclamarlle ao Goberno central a transferencia ás entidades locais dos recursos derivados da participación en ingresos do Estado. Cartos que, entre outras cuestións, permitirían “atender o incremento das retribucións dos empregados públicos e que están a supoñer un esforzo orzamentario levado a cabo polas entidades locais”. O texto tamén solicita “a convocatoria urxente da Comisión Nacional de Administración Local para dar conta das razóns da situación actual e acordar solucións inmediatas.

Finalmente, tanto o PSOE como UxO abstivéronse na votación. Os primeiros alegando que “non é o momento máis adecuado para este debate debido á convocatoria de próximas eleccións” en palabras do seu voceiro Fernando Viqueira, e os segundos por preferir “non entrar en electoralismos xa que esta é unha moción electoralista” tal e como explicou o concelleiro Manuel Iglesias. Os votos a favor do BNG viñeron dados grazas á inclusión da emenda formulada e na que solicitan que se reclame a construción da rotonda que una a N-550 coa rolda leste tal e como se chegou a contemplar nos orzamentos estatais. Segundo explicou tamén onte o rexedor ordense esta non se levará a cabo porque “os cartos destinados a este proxecto foron derivados a outro” segundo as explicacións recibidas por parte de Fomento.

A que non prosperou foi a urxencia para debater a moción sobre “ameazas enerxéticas” plantexada polo BNG, votando en contra o Goberno e absténdose o PSOE. O Goberno xustifica a súa postura en que xa está lista a ordenanza de taxas para as empresas por aproveitamento de dominio público e presentarase no pleno do vindeiro mes. Tamén no informe desfavorable por parte do secretario municipal en relación á modificación de ordenanzas IBI, ICIO e IAE no que respecta á bonificación ás instalacións de produción e transporte de enerxías. Por outra banda tamén argumenta que outros dos aspectos incluídos na moción xa foran aprobados pola corporación anterior. 

Cómpre sinalar tamén que todos os grupos estiveron de acordo en aprobar o novo horario para as instalacións deportivas Iván Raña. Unha vez publicado no BOP e tras o período de exposición pública abrirán de 8 a 14 e de 16 a 21 horas os sábados e de 9.30 a 14 horas os domingos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies