Ordes aproba un orzamento para 2020 cercano aos dez millóns de euros

0

Ordes, 26 de xuño do 2020 – O concello de Ordes aprobou en pleno un orzamento para o 2020 cercano aos dez millóns de euros, un crecemento do sete por cento con respecto ao ano pasado.

O PP de Ordes sacou adiante o orzamento en solitario. O Psoe optou pola abstención mentres que BNG e UXO votaron en contra. O pleno aprobou ademais distintas modificacións no PXOM.

UXO criticou a suba de impostos e a falta de un plan concreto para a reactivación tras a crise do COVID19. Unha boa parte da discusión xirou en torno as distintas actitudes durante a pandemia con acusacións mutuas pola falta de interés na búsqueda de consenso. As subvencións nominativas xeraron tamén dúbidas en UXO e o alcalde respondeu que inclúen as dos clubs deportivos e a da Cruz Vermella, mencionada de xeito concreto, é a solicitada pola ONG.

O BNG votou en contra dos presupostos municipais, ao botar en falta medidas para “tentar paliar os efectos que terá a Covid19 sobre o sector servizos, que é do que mais familias están a vivir no concello de Ordes, segundo as afiliacións en alta laboral que recollen as estatísticas do IGE, cun peso do 61,28%”.

Para Vidal, “a decisión de investir 1.315.035,57 € de achega municipal en cemento, chapapote e farois, resulta nunha clara mostra do abandono á súa sorte, no que o PP de Ordes deixa ao sector servizos nunha crise como a que estamos a vivir, pois queda acreditado que cartos hai, pero non vontade”.

Finalmente, desde o bloque puxeron de manifesto que “os datos demostran que o PP levou a cabo unha suba brutal dos impostos nos últimos anos” ao comparar as recadacións de IBI rústica e urbana nos presupostos do ano 2016 cos actuais, cifrando a suba “nuns 410.000 €, é dicir un 20,32 % mais”. Vidal achacou esta situación “ás situacións de maioría absoluta do PP, apoiados nos tránsfugas procedentes de UxO no caso do mandato anterior”.

Apoio a demanda de máis paradas na estación de tren

O BNG de Ordes conseguiu o apoio unánime da corporación municipal á súa moción para demandar a RENFE e ao Ministerio de Transportes que equipare o número de paradas que o tren rexional está a ofertar na estación do tren de Cerceda-Meirama coa de Ordes.

O voceiro nacionalista Pablo Vidal explicou que “para os traxectos A Coruña-Santiago-Vigo e Vigo-Santiago-A Coruña, a estación de Ordes oferta catro paradas diarias mentres que a de Cerceda-Meirama oferta seis”. O edil asegurou que “un servizo reducido e precario, non contribúe na potenciación do uso deste medio de transporte no noso concello, o cal é cabeceira de comarca”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial