Ordes reclama da Deputación a execución de proxectos presentados no 2016

0

Ordes, 5 de novembro do 2019 – O Pleno do concello de Ordes correspondente ao mes de outubro reclamou da Deputación da Coruña a licitación de proxectos presentados no ano 2016.

Por medio dunha moción presentada polo Partido Popular e apoiada por UXO, e na que se abstiveron Psoe e BNG,   solicitouse á Deputación da Coruña a licitación de tres proxectos xa presentados no 2016. Trátase da conexión dunha senda dende s zona do Empalme ata a estación da Pontraga, lugar por onde transcorrirá a futura vía verde prevista para 2021; así como o arranxo do entorno nos accesos a calle de Poulo, por onde transcorre o Camiño Inglés (DP-5905). Tamén se reclamou a inmediata revisión do proxecto de humanización da DP-5903 para o barrio do Recreo e o lugar do Balado, dende o entronque coa N-550 ata a AC-413 mediante a dotación de crédito nos orzamentos de 2020 co fin de licitar e executar a obra canto antes.

Unha terceira solicite ao ente provincial é a concesión de axudas nominativas de 180.000 € para o equipamento e acondicionamento da praza siutada a carón do centro sociocomunitario Isabel Zendal (Ordes) e do 50% (235.376,15 €) para sufragar o proxecto de acondicionamento da Casa da Cultura de Ordes, especialmente a reforma integral do seu auditorio. Tras un longo debate, no que o alcalde de Ordes acusou á Deputación da Coruña de desfavorecer ao Concello de Ordes, e de ter pendentes de entrega por mor das baixas das licitacións 761.000 €, que lle corresponden aos veciños de Ordes.

Análise da auga

O BNG presentou unha moción instando a que se habilite un espazo na web municipal onde se colguen as análises efectuadas sobre a auga das redes municipais de abastecemento e os seus resultados. O Goberno local informou sobre o satisfactorio cumprimento dos requisitos esixidos polo RD 902/2018 sobre os criterios sanitarios da calidade da auga para o consumo humano. Sinalou que segundo establece a lei o documento onde se especifican todas as características e particularidades do sistema de abastecemento (Protocolo de Autocontrol de Abastecemento) é elaborado periodicamente pola concesionaria (empresa Espina e Delfín no caso de Ordes), e presentado por esta á autoridade sanitaria. O alcalde José Luís Martínez Sanjurjo tamén explicou o funcionamento do sistema de información establecido pola lei para as zonas de abastecemento de Ordes e Mesón do Vento; así como os controis de calidade, denominado Sistema Nacional de Auga de Consumo (SINAC), o cal é de ámbito nacional e está sustentado por unha aplicación informática a través de Internet, sendo responsabilidade das entidades xestoras que os datos de autocontrol, xerados por laboratorios públicos ou privados, estean debidamente recollidos.

Finalmente a moción foi rexeitada cos votos en contra do Goberno local (8). Tanto BNG (3) como UxO (2) votaron a favor, mentres que o PSOE (2) se abstivo.

Bonificacións

A seguinte moción dos nacionalistas solicitaba iniciar os trámites oportunos para establecer bonificacións sobre o IBI para aquelas propiedades sen acceso a servicios básicos de titularidade municipal nas zonas rurais, abastecemento e saneamento. Segundo informou Martínez Sanjurjo, e baseándose no irforme de consulta ao respecto emitido polo interventor, esta demanda non pode ser satisfeita por non ter doada aplicación conforme a lexislación vixente contemplada no artigo 74 da Lei reguladora de Facendas Locais, e en outra orde ter un marcado carácter discriminatorio. Entre outros a principal negativa a esta aplicación susténtase en aspectos como os valores catastrais singularizados que xa se contemplan nos inmobles (aplicación da ponencia de valores) de calquera punto do municipio, ou en que non todos os inmobles situados no rural teñen vinculación con actividades agrícolas, condición indispensable para que se apliquen as ditas bonificacións. O resultado da votación foi 7 votos a favor (BNG, UxO, PSOE) e os 8 en contra do Goberno local.

Cataluña

O Partido Popular tamén presentou dúas mocións máis. Na primeira delas declarouse unha firme condena “aos actos violentos protagonizados nos últimos días por elementos radicais en Cataluña”, manifestando tamén a súa “solidariedade e alento aos millóns de cidadáns que estiveron e están a sufrir esta situación”. O texto tamén apoia “ás forzas e corpos de seguridade do estado, así como á Policía Autonómica Catalá e en especial aos axentes feridos”.

Ao respecto a concelleira Paula Castenda, do BNG, rexeitou “calquera tipo de violencia” e considerou que “Cataluña ten un problema político que debe ser solucionado no ámbito político”. Por isto votaron en contra, mentres que UxO e PSOE se abstiveron. Fernando Viqueira, voceiro socialista, manifestou non estar conforme co contido íntegro do texto.

Melloras enerxéticas

O alcalde de Ordes informou tamén da concesión o pasado xoves dunha subvención de case 162.000 euros por parte do Institudo para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA) para a mellora e eficiencia enerxética do sistema de iluminación pública no municipio, prácticamente a totalidade do casco urbán de Ordes. Unha axuda cofinanciada polos fondos FEDER no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-20, co obxectivo de reducir a economía sustentada non consumo de carbono. Así mesmo tamén dou traslado a corporación nos informes de alcaldía do arquivo da denuncia formulada ante a axencia de protección de datos por parte da número 2 da candidatura de UXO dos pasados comiciós do 26 de maio.

Renuncia dunha concelleira

O Pleno aceptou tamén de forma unánime por parte de todos os presentes da renuncia da concelleira Alba Regos Mata, de Unión por Ordes. Unha renuncia sustentada en “motivos profesionais, persoais e políticos”, que lle “impiden atender os deberes propios do cargo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial