A Mancomunidade de Ordes presenta un ciclo de charlas sobre os coidados de persoas dependentes e coidadoras

0

Ordes, 25 de maio do 2018 – O próximo 29 de maio Fundación Mujeres, en colaboración co CIM da Mancomunidade de Ordes, organiza a charla Saúde e autocoidado para coidadoras, especialmente pensada para coidadoras, persoal técnico e calquera persoa interesada.

Terá lugar ás 10.30 horas no salón de plenos do Concello de Ordes, situado nos baixos da alameda. Durante esta sesión abordarase o coidado de persoas dependentes e o autocoidado das coidadoras e presentarase o ciclo de charlas previsto para o vindeiro mes de xuño, no cal poderán participar coidadoras e coidadores informais que habitualmente coidan doutras persoas nos seus fogares.

 As sesións previstas son as seguintes: ‘Emocionarte, a arte das emocións. Análise da xestión emocional’ (6h), ‘Aprendemos a xestionar o sentimento de culpa’ (2h) e ‘Aprendemos a negociar. Chantaxe emocional’ (2h). O dito ciclo de charlas desenvolverase os venres 1, 8, 15, 22, 29 de xuño de 10.30 a 12:30 horas na aula de formación tamén situada nos baixos da alameda. As persoas interesadas xa se poden poñer en contacto co CIM da Mancomunidade de Ordes para solicitar máis información ou ben inscribirse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial