Ordes presenta o circuíto cultural que durará ata xuño

0

Ordes, 12 de xaneiro do 2019 – O Concello de Ordes acaba de abrir o prazo de inscrición para participar no novo circuíto de actividades culturais que se desenvolverá ata o mes de xuño.

As persoas interesadas en algunhas das actividades do circuíto poderán apuntarse ata o 24 deste mes no Departamento de Cultura. No programa figuran cursos de cocina (infantís e adultos) ademais dos de repostería para nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos. Tamén hai clases de informática (Iniciación e de usuario 1 e 2) e para aprender a correcta utilización de smartphones e tabletas.

Os afeccionados e afeccionadas á danza poderán participar nas clases de baile moderno (ata os 16 anos), mentres que os que prefiran a natureza e o cultivo de plantas e árbores contarán con obradoiros de poda e enxertos (sábados de febreiro) e tamén de enfermidades e pragas (sábados de marzo). En ambos casos traballarase tanto con froiteiras como con produtos de horta.

Quen teña preferencia polo fío e a agulla conta con clases de costura e de patchwork. Outros cursos son os de cestería tradicional, elaboración de produtos naturais e de xoiería e complementos.

As clases desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde. Nalgúns casos impartiranse os sábados pola mañá. Os prezos oscilan entre os 25 e os 72 € habendo descontos para familias numerosas, maiores de 65 anos e persoas cunha discapacidade a partir do 33%.

Para máis información pódese consultar as páxinas web do Concello de Ordes e da Mancomunidade de Ordes. Tamén no Twitter e Facebook do Concello de Ordes ou ben chamando ao 98168002 (ext 4).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial