займ срочно

Ordes presenta un balance económico positivo no 2018

0

Ordes, 30 de marzo do 2019 – O pleno ordinario de marzo do concello de Ordes serviu para presentar a liquidación de orzamento 2018 que presenta un balance económico moi positivo.

O rexedor local, José Luis Martínez Sanjurjo, abriu o pleno detallando a situación financeira do Concello. A liquidación correspondente ao ano 2018, os cales ascenderan a algo máis de 9 millóns de euros, presenta un resultado positivo de 1.828.563,70 € e un remanente de Tesourería para gastos xerais de 2.2015.982,99 €. O aforro neto ascende a 2.215.2017,65 €, o que supón case un 24% sobre os dereitos liquidados por operacións correntes.

Un momento do pleno ordinario de marzo

Un momento do pleno ordinario de marzo

Estes datos cumpren o obxectivo de estabilidade orzamentaria ao presentar un superávit de 1.696.465,07 € . De igual xeito sucede coa regra de gasto, acadando 129.887,13 € na diferenza entre o límite da regra de gasto e o gasto computable.

O volume de débeda é de 1.787.264,62 €, o que supón menos do 20% dos recursos correspondentes liquidados. A porcentaxe de débeda viva a efectos de autorización de operacións de crédito sobre os recursos correspondentes é de pouco máis do 34%, porcentaxe notablemente inferior á estipulada pola Lei de facendas locais (110%). Por último, como dato destacado, o período medio de pagamento da débeda comercial situouse o pasado ano en menos de 6 días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies