Ordes presenta unha ampla programación de Nadal

0

Ordes, 5 de decembro do 2018 –  O concello de Ordes ven de presentar unha programación de Nadal na que, como é habitual, os cativos serán os protagonistas.

A artesanía terá o seu espazo no Nadal de Ordes nun gran mercado que estará situado na alameda de Ordes do día 19 ata o 24. O horario de atención ao público irá dende as 11 ata as 21 horas (agás o día 24 que pechará ás 14 horas) e haberá sorteo dunha gran cesta de Nadal (día 22) e de agasallos (día 23) entre as persoas que o visiten. Tamén levarase a cabo unha campaña de recollida de produtos de hixiene infantil e para persoas adultas (día 19). Precisamente será a este mercado onde acuda o carteiro real para poder recoller todas as cartas dos nenos e das nenas que queiran achegarse ata alí o venres día 21 de 18 a 20 horas.

Outras actividades

O mércores 26 de decembro ás 18 horas na Casa da Cultura terá lugar o espectáculo de pompas de xabón ‘Os fabulosos cleaners’. O xoves 27 de decembro de 16.30 a 20 horas no pavillón Castelao 1 Gran festa de Nadal. Xogos, animacións, obradoiros, inchables, chocolate e rosca para toda a familia.

O venres 28 de decembro haberá no concello unha programación dobre. Pola Tarde de diversión no parque ‘Xuvenlugo’. Autobús gratuíto. Entrada 4,50 €. Inscricións no Departamento de Cultura ata o 21 de decembro. Ás 20.30 horas na Casa da Cultura cine, ‘Sicixia. Paseo polo amor e a Costa da Morte’ (non recomendada a menores de 12 anos).

O sábado 29 de decembro ás 20 horas na Casa da Cultura ‘Festival de Nadal’ coa Banda de Música de Ordes. O mércores 2 de xaneiro ‘O tesouro de Calicó Jack’, xogo de escape hall. Actividade que se levará a cabo na Coruña para nenos e nenas a partir dos 11 anos. Entrada 12 €. Autobús gratuíto. Inscricións no Departamento de Cultura.

O xoves 3 de xaneiro ás 18 horas na Casa da Cultura espectáculo de monicreques ‘O traxe novo do rei’. O venres 4 de xaneiro de 17 a 19 horas ‘Momento doce’. Flocos e algodóns de azucre de balde para os nenos e nenas nos soportais do Concello vello.

Como cada 5 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar farán parada en Ordes. A gran Cabalgata organizada polo Concello virá repleta de agasallos, caramelos e moitas máis sorpresas. As súas maxestades pasarán varias horas cos nenos e nenas de Ordes, que terán unha ocasión idónea para recordarlle ao seu rei favorito o contido das súas cartas.

A Deputación da Coruña, a Asociación de Comerciantes de Ordes, o Curso de Habilidades Sociais e Autonomía Persoal para Persoas con Discapacidade que se imparte no Mesón do Vento e Cruz Vermella Ordes colaboran co Concello na realización e o desenvolvemento destas actividades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial