Ordes celebrou o primeiro foro de participación cidadá

0

Veciñanza, asociacións, entes etc poden participar ata o vindeiro mércores neste proceso a través do cuestionario colgado na páxina web municipal (www.ordes.gal) ou da caixa de suxestións ordes.participa@ordes.gal

Salón de plenos de OrdesOrdes, 21 de outubro do 2016 – O foro de participación cidadá para o deseño de estratexias de sustentabilidade ambiental no municipio de Ordes tivo lugar nos baixos da Alameda. Unha cita na que moitos veciños e veciñas mostraron o seu interese, entre outros aspectos, pola xestión e o tratamento dos residuos xerados por establecementos, comercios e actividade industrial da zona.

     No encontro, no que tamén participaron o alcalde de Ordes e a edil de Medio Ambiente, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, abordáronse diversos puntos cuxas principais liñas de actuación pasan por neutralizar as consecuencias do cambio climático a través da prevención; a mellora da eficiencia enerxética nas edificacións, infraestruturas e servizos públicos; aumentar o uso das enerxías renovables e o fomento da mobilidade urbana sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana-rural.

     Tras a xuntanza cada un dos presentes respondeu ao cuestionario que se lles fixo entrega co fin de publicar en datas próximas as conclusións que contribúan ao deseño dun plan efectivo, útil e eficaz para o Concello de Ordes no seu proceso de adaptación ao cambio climático no eido da xestión e planificación pública. Ata o vindeiro mércores, 26 de outubro, o dito cuestionario está á disposición de toda a poboación a través da páxina web do Concello (ordes.gal) para que as persoas, asociacións, entidades etc poidan participar deste proceso. Tamén ata esa data poderase facer uso da caixa de suxestións ordes.participa@ordes.gal, creada para a achega de ideas e sobre as melloras.

    A dita iniciativa desenvólvese a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e dos fondos estruturais da Unión Europea xestionados pola Consellería de Medio Ambiente, tendo como principal obxectivo a integración e a adaptación ao cambio climático na xestión pública e a redución das emisións provenientes das actividades ou procesos habituais do ser humano  (emisións GEI).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial