Malestar polo uso político das redes sociais do concello de Ordes por parte do alcalde

0

Ordes, 20 de abril do 2020 – O Psoe de Ordes ven de acusar ao alcalde da vila, José Luís Martínez Sanjurjo, de “querer sacar tallada política do Coronavirus” por usas as redes sociais do concello para criticar á Deputación.

Na páxina de Facebook do concello de Ordes aínda se pode ver unha publicación na que se transcribe unha carta remitida polo alcalde ao organismo provincial con distintas reclamacións.  Os socialistas denuncian a crítica que se expresa no seguinte parágrafo ” Entrega que por suposto agradecemos, a pesar de chegar tarde e de que continúa a ser insuficiente para as necesidades dos servizos básicos esenciais que prestamos desde a Mancomunidade de Ordes, como ben se recoñece na mesma carta. Agardamos novas entregas en semanas vindeiras”.

O portavoz socialista na localidade, Fernando Viqueira, di que “Gustaríanos saber por qué o alcalde oculta o número de mascarillas que a Xunta enviou a Ordes” e pregúntase por qué o Concello de Ordes non é igual de crítico coa Xunta, demandando investimento e material á administración que ten as competencias. Viqueira engade que “non son tempos para o oportunismo político que tanto lle gusta a José Luís Martínez, senón de arrimar o ombreiro” e considerou que “esta crise pon de manifesto que o alcalde non está á altura do cargo”.

Os socialistas lembran ademais que Ordes recibe un 116% máis de fondos co actual goberno provincial que co anterior do Partido Popular grazas á creación do Plan Único, que sustituiu ao DTC do PP co que a Deputación beneficiaba ás grandes cidades en detrimento de vilas coma Ordes. O PSOE insta ao goberno municipal de Ordes a rectificar e dedicarse a traballar lealmente en cooperación con todas as administracións, como fai a Deputación en colaboración coa Xunta e o Goberno do Estado, e deixar de lado as leas políticas.

O PSOE quixo ademais agradecer, en nome da veciñanza de Ordes, “a colaboración da Deputación e a doazón altruísta de Inditex para que os veciños da nosa vila podan contar con material de protección” e lamenta que o alcalde “non estea á altura dunha situación que require da colaboración leal e do traballo de todos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial