Ordes reforma os vestiarios do Castelao I

0

Ordes, 5 de xuño do 2019 – O concello de Ordes afronta a reforma dos vestiarios do pavillón Castelao I e organizou unha visita institucional para comprobar os traballos que se realizarán.

As instalacións do Castelao I acudiron José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde e concelleira de Deportes en funcións de Ordes, Alfonso Rueda e Ovidio Rodeiro, vicepresidente e delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña respectivamente. Ao encontro sumouse tamén Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Pública.

Na visita Martínez Sanjurjo tivo ocasión de explicar os detalles desta obra orzamentada en 48.400 euros, “tan necesaria dado o elevado uso que se rexistra nesta instalación, cuxos vestiarios presentan acabados e carpinterías en mal estado”. Unha explicación que se puido levar a cabo no mesmo pavillón, ata onde se desprazaron tras un primeiro encontro na sala de xuntas municipal da casa consistorial. Tras a demolición de tabiques, pavimentos e do levantamento de sanitarios, portas, azulexados etc o proxecto contempla a instalación dos novos sistemas de abastecemento e saneamento e a colocación de azulexados de porcelana, portas de aceiro e fiestras de ventilación de dobre folla. Tamén se impermeabilizarán os parámetros verticais e pavimentos nas zonas de ducha e colocaranse sumidoiros para a recollida de auga. Para a obra a Consellería de Infraestruturas consignou recentemente unha axuda de 33.879 euros.

Novo marcador

No que se refire ao equipamento instalarase un novo marcador electrónico, substituíndose o actual e ampliándose a protección de enreixado metálico existente. O vestiario de árbitros dotarase dunha cabina de ducha, ademais de rótulos indicativos nas distintas estancias e bancos con zapatilleiro e alzadeira. A idea é que esta intervención estea finalizada a mediados do vindeiro mes de agosto.

Tanto Alfonso Rueda como Ovidio Rodeiro aproveitaron a ocasión para felicitar a Martínez Sanjurjo polos resultados electorais obtidos o pasado 26 de maio, no que a súa candidatura obtivo a maioría absoluta con nove concelleiros grazas aos 3.917 votos ao seu favor. Rueda tamén destacou “que grazas ás axudas da Vicepresidencia os concellos galegos recibirán este ano en torno a 3 millóns de euros ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial