Ordes rehabilita unha construción ao carón da igrexa de Vilamaior

0

Ordes, 30 de outubro do 2018 – Ordes comezou as tarefas de rehabilitación da construción tradicional situada a carón do cemiterio e igrexa parroquial de Santiago de Vilamaior.

A finalidade prevista para este inmoble auxiliar, de preto de 80 metros cadrados, é a instalación de aseos e osario, ademais de servir de espazo de resgardo ante as inclemencias meteorolóxicas. O orzamento total ascende a 34.000 €. O Concello ten asignada unha aportación de 14.000 € mentres que os residentes da zona sufragarán a parte restante. Está previsto que as obras estean rematadas antes de fin de ano.

O proxecto inclúe a ampliación da altura do dito inmoble e o cambio da súa cuberta de unha a dúas augas. Ademais a instalación dos aseos é un requisito indispensable para poder obter a autorización sanitaria de cara a unha futura ampliación do cemiterio. A estrutura soporte e o cerramento da edificación estarán formados polos muros de mampostería existentes, mentres que a nova cuberta está proxectada con base de vigas e viguetas de formigón armado prefabricadas. A cuberta do edificio resolverase con chapa de fibrocemento e tella curva cerámica do país colocada como remate da cuberta. A carpintería interior será con taboleiros aglomerados chapados con sapeli. O pavimento, tanto da zona dos aseos e osario coma do local cuberto, presentará plaquetas antiesvarantes. As paredes serán a base de alicatado na zona de aseos e de pintura plástica no resto. Por último colocarase falso teito de placas de xeso tanto no osario como nos aseos.

Novo aparcadoiro

Esta nova obra compleméntase coa construción da zona de aparcamento situada na mesma parcela de máis de 2.000 metros, obra acometida polo Concello de Ordes e da que xa se pode facer uso dende o pasado mes de xuño. O investimento total ascendera a preto de 12.000 euros, cos que ademais das labores de limpeza, procedeuse a compactación e aplicacion dunha capa de grixo artificial. A estes traballos sumóuselle tamén a demolición dunha vivenda, dous alpendres e o tapado dun pozo de xurro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial