Ordes arranxa as beirarrúas de Alfonso Senra

0

Ordes, 26 de agosto do 2019 – O Concello de Ordes reinicia as obras de humanización da avenida Alfonso Senra, unha vez rescindido o contrato coa anterior empresa adxudicataria, e efectuada unha nova licitación.

Hai uns días o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, asinaba o contrato coa nova empresa. O tramo de Alfonso Senra no que se levarán a cabo as obras é o que vai dende os cruces que enlazan a arteria principal da vila coa rúas Compostela ata Casabella en ambas marxes.

rúa Alfonso Senra en OrdesO prazo límite de execución inicialmente establecido desta obra está marcado para o 31 de outubro, tendo un importe total en investimento de 376.000 euros.

Construiranse 850 metros de beirarrúa, 415 metros pola marxe dereita e outros 435 metros pola esquerda, ambas con bordo de granito biselado. Previamente demolerase o bordo, rigola e pavimento das beirarrúas existentes e realizarase o levantamento do firme.

Tamén se canalizarán as augas pluviais en ambos lados con case 900 metros de tubaxe de distintos diámetros, ademais de executarse 14 pozos de rexistro e 24 sumidoiros. Para o abastecemento de auga potable completaranse os 168 metros xa executados con máis de 700 metros de pvc, 54 metros de polietileno, 6 válvulas de comporta e 54 arquetas con válvula. Tamén se verá mellorado o sistema de iluminación pública coa instalación de 875 metros de tubaxe e 8 arquetas.

O proxecto contempla a reposición dos firmes afectados coa pavimentación de varios treitos da calzada con capa de formigón mallado e xuntas de dilatación, ademais dunha nova rigola. Por último levarase a cabo a sinalización horizontal co repintado de liñas e bordes, pasos de peóns e illetas, así como entronques nas redes existentes, traslados de sinais e luminarias e adaptación de pozos e arquetas.

Dende o goberno local, piden desculpas a veciñanza pola problemática derivada da paralización das obras nos pasados meses, ante os imprevistos acontecidos na execución inicial cos servizos afectados, e a negativa a negociar tras a suspensión temporal das obras un modificado ou a inmediata rescisión conforme ao encadrado na LCSP por parte da empresa anteriormente adxudicataria.

Tamén piden a máxima comprensión e colaboración de calquera afectado para que as obras, que agora se reinician, poidan estar rematadas no prazo previsto, tendo en conta que se vai a executar con un plan de traballo que en case todos os momentos vai actuar en ambas marxes da vía de maneira simultánea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial