Ordes remata a senda peonil de As Casillas

0

Ordes, 26 de abril do 2019 – O concello de Ordes ven de rematar a senda peonil das Casillas, situada entre os puntos quilométricos 37+350 e 38+560 nas inmediacións do casco urbano.

Cun orzamento de 189.322,89 euros a senda das Casillas construíuse cun ancho mínimo de 2 metros de formigón coloreada elevada con bordo. Discorre paralela á estrada, na zona onde se atopaba ata hai pouco a cuneta, mantendo a beirarrúa existente.

A obra, sufragada integramente co remanente municipal do ano 2017, posibilita dar continuidade e conectividade peonil ás beirarrúas xa existentes no paseo Iván Raña. Unha medida que o Concello de Ordes agarda se traduza nunha diminución do tráfico rodado diario que actualmente existe entre os dous núcleos, ademais da mellora na seguridade que suporá para a veciñanza neste tramo viario.

Ademais da dita construción tamén se levou a cabo a canalización de tubaxe de polipropelino corrugado (400 mm de diámetro), a instalación de 15 arquetas con sumidoiro e 35 pozos de rexistro con sumidoiro para recollida de pluviais, a canalización para o sistema de iluminación pública, así como o posterior recheo compactado da zona.

bty

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial