Ordes remata as obras de mellora do cemiterio de Piñeiro

0

Ordes, 27 de febreiro do 2019 – O Concello de Ordes vén de rematar recentemente a mellora e remodelación levada a cabo no cemiterio municipal do Piñeiro.

O investimento en O Piñeiro ascendeu a preto de 61.500 €, cantidade aboada con parte do remanente de 2017. Unhas obras de humanización que supuxeron a pavimentación de máis de 1.000 metros cadrados de superficie con formigón, a colocación de lousado de granito e de bordos de formigón prefabricado, ademais da instalación do sistema de recollida de pluviais.

Esta intervención levouse a cabo en dúas fases. A primeiras delas, na que se completou o 60% de todo o proxecto, rematouse xa a finais de outubro, co  fin de poder celebrar nas mellores condicións os actos de homenaxe ao Soldado Lois na festividade de Todos os Santos.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial