Ordes remata as obras de mellora e accesibilidade do local social de Buscás

0

Ordes, 5 de marzo do 2019 – Algo más de 86.000 euros é o que ven de investir o concello de Ordes nas obras de mellora e accesibilidade do local social de Buscás.

bdr

As reformas de Buscás foron sufragadas co remanente de tesourería do ano 2017. A remodelación no local situado no campo da festa da parroquia foi total e xa está a disposición da veciñanza.

A obra consistiu na desmontaxe de cuberta de fibrocemento; demolición de carpinterías exteriores e tamén de tabiquerías para unificar espazos e crear pasos adaptados; ampliación do espazo interior aproveitando o porche descuberto existente; instalación de sistema de iluminación LED; colocación de falso teito e pavimento laminado de tarima, así como de alicatados nas zonas dos baños; instalación de carpinterías exteriores e interiores de aluminio con ponte térmica, ademais do illamento térmico no exterior da fachada; equipamento de cociña ao completo incluíndo electrodomésticos, ademais dun aseo adaptado. Por último a cuberta quedou recuberta con pranchas de fibrocemento e tella cerámica.

Con todo isto a veciñanza de Buscás xa dispón dun espazo adaptado e polivalente, perfectamente acondicionado para a posta en práctica de multitude de actividades e accións como poderían ser ximnasia, ioga, pilates e similares, reunións veciñais, obradoiros creativos ou artesanais, aulas para a impartir cursos, clases de cociña, xuntanzas lúdicas, ensaios de diversa índole etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial