Ordes rememora a Ramiro Recouso no seu cabodano

0

O próximo sábado descubrirase un busto de bronce no paseo fluvial de Ordes, que leva o nome do edil nacionalista. A obra é orixinal do escultor Suso León

Imaxe de Ramiro RecousoOrdes, 27 de outubro do 2016. O Concello de Ordes renderalle esta próxima fin de semana unha homenaxe ao edil nacionalista Ramiro Recouso. Coincidindo coa data do primeiro cabodano do seu pasamento, o vindeiro sábado 29 de outubro, ás 13.30 horas, procederase co descubrimento dun busto no paseo fluvial que leva o seu nome. Trátase dunha obra realizada en bronce, obra do prestixioso escultor Suso León, que entre outros importantes traballos é autor da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela. O lugar exacto para a súa colocación será a carón do parque infantil.

 Dende o Concello de Ordes faise un chamamento a toda a veciñanza que desexe acudir para ofrecerlle un emotivo recordo a un dos políticos máis apreciados pola sociedade ordense. Ademais do alcalde e doutros membros da corporación, ao acto tamén asistirán representantes destacados da executiva local e comarcal do BNG.

Con isto tanto o Concello como o pobo de Ordes queren unha vez máis pór de manifesto o aprecio e o recoñecemento á figura de Ramiro Recouso. Xa o pasado 4 de novembro, coincidindo co seu 48 aniversario, o Pleno de Ordes en sesión extraordinaria aprobara a denominación Paseo Fluvial Ramiro Recouso Liste dunha das áreas verdes e de ocio máis importantes para a vila. Un xeito “de perpetuar a memoria dun veciño tan importante, para que sempre estea presente e poidamos, nós e as persoas que veñen detrás, lembrarnos e saber del”, manifestou no seu día o rexedor José Luis Martínez Sanjurjo. Posteriormente, o 28 de novembro de 2015, descubríase á entrada do mesmo espazo un monólito cunha placa metálica coa súa imaxe gravada. O 25 de xuño a Asociación de Veciños e Veciñas de Pereira plantou un carballo na súa honra no campo da festa desta parroquia onde residía Recouso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial