займ срочно

Reunión do alcalde de Ordes co presidente da Xunta

0

Ordes, 24 de outubro do 2019 – O alcalde de Ordes, José Luís Martínez, acompañado pola concelleira de medio ambiente, Ana Soneira, mantivo unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para tratar distintos proxectos para o concello.

Entre os distintos temas tratados co presidente da Xunta, celebrado na Delegación Territorial da Coruña, abordouse o inicio do estudio informativo da Rolda Oeste, de cara ao vindeiro ano. Un proxecto que completará a circunvalación dende a N-550 ata a AC-413 e que presenta un novo acceso para o IES Maruxa Maruxa Mallo e para o tanatorio municipal. Tal e como sinalou Martínez Sanjurjo, “isto solucionaría definitivamente os problemas de tránsito de camións pesados polo centro da vila, ademáis de enlzar directamente a AC-413 coa AC-524, e polo tanto tamén coa autoestrada AP-9”.

Reunión do alcalde de Ordes co Presidente da XuntaA senda peonil de Poulo foi outro dos temas tratados na reunión. A licitación está programada para o primeiro trimestre de 2020 tras ser sometido o proxecto a exposición pública. A vía permitirá conectar o núcleo urbano de Ordes co albergue de peregrinos situado a pé do Camiño Inglés. Tamén se solicitou decretar a concentración parcelaria de Poulo, tal e como comprometera a Consellería de Medio Rural no 2017. Neste punto a titular de Medio Ambiente informou da conclusión da fase previa do estudio ambiental.

Os problemas no eido sanitarios tamén lle foron comunicados ao Presidente Feijoo. Martínez Sanjurjo pediu a ampliación do horario de apertura, pola tarde, do centro médico, a dotación do servizo de diagnóstico por imaxe, incrementar o persoal do Punto de Atención Continuada (PAC), así como o estudio para a construción dun heliporto.

Educación

No relativo ás cuestións do ámbito educativo demandouse a substitución da cuberta de fibrocemento e das baixantes do CEIP Campomaior e a do panel do patio principal de acceso. Unhas cuestións que serán tratadas máis detalladamente coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Tamén se sinalou a necesidade de valorar a posta en marcha dunha segunda escola infantil ou un Punto de Atención á Infancia (PAI) na mesma vila. Unha necesidade fundamentada tanto pola situación actual da gardería, no polígono industrial de Merelle, como pola falta de prazas, especialmente nos grupos de 0-1 e 1-2 anos de idade. A maiores tamén se expuso a necesidade dun espazo de lecer ou casa da xuventude, ademais dun novo pavillón polideportivo tipo espazo multiusos.

PXOM e servizos

A aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal foi outro dos puntos destacados da reunión, así como o impulso das obras de abastecemento e saneamento no rural. Faise preciso o estudio e valoración para a ampliación da ETAP e da EDAR de Ordes por parte de Augas de Galicia, ademais de poder garantir o subministro de auga aos depósitos do Mesón do Vento dende o encoro de Vilagudín a Vilasenín-San Cosmade tras o peche de Meirama.

O rexedor ordense tamén solicitou axudas por parte da Consellería de Medio Rural para completar a rede de pozos de carga de cisternas, especialmente en base ao proxecto xa presentado por parte do Concello para ampliar a rede actual en cinco novos puntos. Unha colaboración que tamén se demanda para a execución das pontes de Trillán e Pereira (Buscás), ademais das de Tralorío e Zampaño (Mercurín).

No que se refire a equipamentos o presidente da Xunta tamén tomou nota da necesidade dun novo camión grúa e dun vehículo oficial híbrido ou eléctrico para a Policía Local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies