O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes denuncia o lixo acumulado en Cerceda

0

Ordes, 10 de decembro do 2019 – O colectivo veciñal Salvemos a Comarca de Ordes, auga e terra limpas denuncia que o concello de Cerceda acumula máis de dez millóns de metros cadrados contaminados.

Salvemos a Comarca de Ordes destaca que Cerceda pasou de ter 7.562 habitantes nos anos 70 a só 5.023 no 2018. Ista diminución da poboación sucede a pesar da mina e da térmica de Fenosa, da incineradora e do vertedoiro de Sogama e das campañas do concello

para empadronar xente o que demostra, según o colectivo, que as actividades agresivas contra o medio ambiente non favorecen o desenvolvemento socioeconómico.

salvemos a comarca de ordesOposición ao parque eólico

A Plataforma opónse ao mega parque eólico que se pretende instalar en terreos das Encrobas tras o desmantelamento da central térmica. Alertan tamén de que os 15 muiños previstos, de máis de 200 metros de altura, poderían afectar a calidade da auga de Ordes e Santiago. O proxecto pódese revisar na seguinte ligazón

Segundo estatísticas da Xunta de Galicia e do Instituto Geográfico Nacional, o Concello de Cerceda ten na actualidade aproximadamente dez millóns de metros cadrados altamente contaminados polas industrias do carbón e o lixo xestionadas por Fenosa e Sogama desde finais da década dos 70.  A implantación do parque eólico que se proxecta, novamente non favorecería a realidade socioeconómica do lugar, senón que a destruiría aínda máis e impediría a recuperación do lugar tras o desmantelamento da térmica.

A veciñanza esixe a través de documentos xa rexistrados na Xunta que non se leve a cabo este proxecto e alertan de que non é un problema que afecte só á xente que vive máis preto, xa que, por exemplo, no relativo ás drenaxes, é de salientar que o parque eólico se situaría nunha parte alta que verte ás concas do río Tambre e do Barcés e particularmente ao lago da mina de Meirama e ao embalse de Vilasenín. Ademais, boa parte do parque eólico situaríase sobre terreos da escombreira da central térmica, que contén residuos industriais, o que pode afectar á calidade das augas do embalse que surte de auga ao núcleo ordense do Mesón do Vento, por exemplo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial