займ срочно

Alertan da solicitude dun novo parque eólico para a comarca de Ordes

0

Ordes, 18 de decembro do 2019 – O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes advirte da solicitude dun novo parque eólico que afectaría ás aldeas de Axáns, o Seixo, A Barcula e Hospital de Bruma.

Ante a solicitude de este novo parque eólico a asociación ven de convocar unha reunión este domingo, día 22 as doce do mediodía, no recinto feiral de Mesón do Vento para intercambiar impresións sobre a situación.

Monte San Bartolomé

A solicitude denomina ao complexo Monte San Bartolomé. Estaría situado a terreos do concello de Ordes, principalmente na zona de Mesón do Vento, Ardemil, A Barcula e Axáns; de Mesía en Hospital de Bruma; e aos municipios de Vizoño e Carral.

Aeroxeradores de 150 metros

A asociación consultou a semana pasada vía internet o Rexistro Eólico da Xunta de Galicia, e comprobou que no mapa de proxectos da zona, aparece esta nova solicitude, que estaría levando a cabo a compañía Enel Green Power, filial de Endesa. O parque que solicita implantar a compañía estaría formado por 11 aeroxeradores de 150 metros de diámetro, os máis grandes proxectados para a comarca de todos os presentados até o de agora.

O colectivo destaca da petición que dito parque inclúe eólicos en localizacións iguais ás do chamado “Parque Eólico Ardemil”, que xa fora solicitado hai máis dun ano por Green Capital Power e que finalmente esta empresa retirou ante as presións da veciñanza e debido á proximidade ás casas.

O novo parque solicitado agora volve ter muíños de vento xigantes en fincas que están no propio Camiño de Santiago (Inglés), e ademais hai eólicos que invaden terras da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A ubicación dos muíños (pódese consultar aquí) inclúe aeroxeradores a pouco máis de medio quilómetro das casas de Axáns, da Barcula, do Seixo e do Hospital de Bruma, onde está localizado o albergue de peregrinos público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies