займ срочно

Os concellos das Mancomunidade de Ordes reafirman o rexeitamento aos mega proxectos eólicos

0

Ordes, 11 de outubro do 2019 – Representantes de Concello de Ordes, Mesía, Frades, Oroso, Trazo, Tordoia e Cerceda reuníronse con membros do colectivo veciñal Salvemos a Comarca de Ordes, que lle reclamaron unha maior presión política e visibilización nas súas posturas para forzar á Xunta a que exclúa esta zona do Plan Sectorial Eólico.

O colectivo veciñal Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas abordaron cos alcaldes a preocupación veciñal derivada da inminente saída a exposición pública de varios parques eólicos e novas liñas de alta tensión que atravesarían a comarca e que poñería en perigo os intereses económicos e sociais dunha zona rural considerada pola propia Xunta como de especial interese agrario.

Os muíños máis altos de todo o estado

Durante a xuntanza, que se prolongou durante case dúas horas, os membros das plataformas puxeron sobre a mesa argumentos de peso para insistir no rexeitamento a uns muíños (o parque eólico de Inxerio, en Ordes e Cerceda, o parque eólico de Solpor, en Mesía e Ordes, e o parque eólico de Gasalla, en Mesía e Frades) que serían os máis altos de todo o Estado (máis de 200 metros) e que estarían situados nunha área poboada, próxima ao Camiño de Santiago, e cunha alta densidade de explotacións agrarias e gandeiras.

As plataformas reclamáronlle aos rexedores que insistan ante a Consellería de Industria da Xunta de Galicia para que se exclúa a comarca de Ordes das áreas de desenvolvemento eólico establecidas no actual Plan Sectorial Eólico de Galicia; que se posicionen publicamente, ante as empresas e xunto cos veciños e veciñas da comarca, na defensa clara do ben común e en contra destas instalacións para a comarca, facendo efectiva en todos os concellos da Mancomunidade a declaración institucional aprobada o ano pasado e pola que se declaraban libres de eólicos; e que todos os concellos da Mancomunidade sexan de cara á cidadanía totalmente transparentes con respecto á información que poidan ter sobre os proxectos eólicos e novas liñas de alta tensión e que requiran á vez unha maior transparencia tamén das administracións involucradas na tramitación dos distintos expedientes.

Ordes non eólicosOs representantes de cada concello, pola súa parte, amosaron a súa concordancia coas peticións das plataformas veciñais e comprometeron o seu rexeitamento a que se instalen na comarca macro proxectos eólicos e novas liñas de alta tensión que irían contra o interese xeral. Os membros da plataforma entregaron a cada representante municipal unha pancarta para que poidan colgala nos seus respectivos concellos e facer máis visible esta posición e amosaron a súa disposición a seguir traballando para lograr botar abaixo con argumentos técnicos e políticos os proxectos que hai enriba da mesa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies