займ срочно

Seguen os intentos de tramitación de parques eólicos en Ordes

0

Ordes, 20 de abril do 2020 – O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes ven de denunciar o inicio da tramitación de dous novos parques eólicos nos concellos de Tordoia e Trazo.

Salvemos explica que se enteraron por casualidade do  inicio de tramitación de estes dous novos parques eólicos, que ameazarían a comarca de Ordes, ao consultar a web do ministerio. Engaden que son tramitados por  Greenalia e denuncian que se trata da mesma empresa que contratou hai uns meses á ex conselleira Beatriz Mato como directora de Desenvolvemento Corporativo.

Trátase do chamado Parque Eólico Tornado, que incluiría Aeroxeradores nos concellos de Tordoia, Trazo e Val do Dubra; e do chamado Parque Eólico Orzar, con muíños nos concellos de Tordoia, Val do Dubra e Carballo. Cada un deles sería de máis de 50MW de potencia e incluiría novas infraestruturas para a evacuación eléctrica.

Desde a Asociación reclaman que os Concellos informen a toda a poboación dos datos que teñan e que se poñan en contacto urxentemente coa compañía e co Goberno, facendo valer a posición conxunta amosada publicamente até o de agora en defensa de que a comarca quede libre de megaproxectos eólicos. O colectivo agarda que todos os alcaldes se manteñan máis firmes que nunca no seu compromiso refrendado aínda hai escasos meses a través da fotografía conxunta de oposición a todo este tipo de proxectos que fixeron tras unha reunión da Mancomunidade de Concellos de Ordes.

Desde a primavera do 2018, son xa máis dunha ducia os proxectos de parques eólicos presentados por diferentes grandes empresas para tramitar ante a Xunta ou o Goberno estatal que afectarían á comarca de Ordes. Estes parques supoñen máis de 100 macromuiños de vento de máis de 200 metros de alto cada un solicitados para a comarca nestes últimos dous anos.

Imaxe de distintos alcaldes en contra dos parques eólicos

Publica o estudo do parque de Solpor

Salvemos a Comarca de Ordes tamén informaba onte da publicación do Estudo de Impacto Ambiental do parque eólico SOLPOR que afecta ás parroquias de Buscás, Ardemil e Vilamaior. Na actualidade, en plena pandemia, hai ata 12 estudos de impacto ambiental de parques eólicos en curso na Xunta de Galicia, e a maiores tamén os dous xa mencionados no Ministerio de Medio Ambiente.

A organización lembra que é a sostenibilidade o que ten que ser prioritario e explican que si se buscara iso “en primeiro lugar habería un plan (que non existe) e repotenciaríanse os parques xa existentes e o seu consumo sería local, en lugar de producir enerxía para enviar a centos de quilómetros”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies