Convenio de colaboración entre o R.C. Deportivo da Coruña e a S.D.C Órdenes

0

Ordes, 17 de setembro do 2019 –  Nestes días a Sociedade Deportiva Club Órdenes e o Real Club Deportivo da Coruña asinaron un convenio de colaboración grazas ao cal nos vindeiros catro anos o club ordense recibirá apoio en distintos ámbitos.

Ademais das achegas económicas que se lle darán ao Órdenes no caso de que nutra ao Deportivo de xogadores, a base do convenio céntrase na incorporación dun novo corpo técnico de catro adestradores que aplicarán o sistema do club herculino.

Outro dos puntos que se contemplan é a posibilidade de disfrutar dunha xornada de libre acceso para aquelas persoas que queiran asistir a ver en vivo unha sesión de traballo cos adestradores do R.C. Deportivo da Coruña, ademais de varias xornadas (5 ou 6) nas que a rapazada poderá acudir gratuitamente a ver diferentes partidos ao campo de Riazor. Neste último punto o Concello de Ordes facilitará o transporte de maneira gratuíta.

Francisco Martínez Zas e Antonio Vázquez Rendal, en representación do R.C. Deportivo da Coruña e como presidente da S.D.C. Órdenes, foron os encargados de asinar este compromiso. No acto tamén estivo presente o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, ademais de Ana Soneira e Abel Blanco, concelleiros de Deportes e Cultura respectivamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial