займ срочно

Preocupación e Ordes polos servizos que xestiona a empresa Soil Recovery

0

Ordes, 24 de agosto do 2018 – O Bloque Nacionalista de Ordes mostra a súa preocupación polos servizos que presta para o concello Soil Recovery S.L., empresa que ven de anunciar unha situación de insolvencia.

Soil Recovery ten adxudicados no concello o servizo de explotación do punto limpo e o servizo de conserxería, mantemento e limpeza de edificios culturais e deportivos, neste último caso a través da UTE Soil Recovery, S.L.-Cycle Servicios Integrales, C.E.S.L. Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “esta situación pode impedir a axeitada prestación dos servizos ante a falta de subministracións e maquinaria, xerando ademais unha gran preocupación nas persoas traballadoras da empresa sobre o que vai acontecer co seu salario”.

O edil nacionalista insta ao alcalde a que “faga as xestións precisas para garantir a axeitada prestación dos servizos afectados, así como velar polo respecto dos dereitos das persoas traballadoras; recorrendo se é preciso a unha nova licitación ou mesmo á municipalización dos servizos”.

O servizo de explotación do punto limpo foi adxudicado o seis de xuño do ano 2016, mentres que a data de adxudicación do servizo de conserxería, mantemento e limpeza de edificios culturais e deportivos foi o 11 de xaneiro de 2018.  A este respecto, Vidal manifesta que “o alcalde terá que explicar como durante o último proceso de licitación, aínda presentándose a través dunha UTE, a empresa foi quen de acreditar a súa solvencia e estar ao corrente con facenda e a seguridade social, e logo de comezar a prestar o servizo en xuño, en tan só dous meses declare a súa situación de insolvencia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies