Ordes suspenderá as licencias dos que incumpran as normas en dúas ocasións

0

Ordes, 21 de xullo do 2020 – O concello de Ordes segue intentando que se cumpran as normas sanitarias e suspenderá as licencias dos locais que incumpran a normativa dúas veces.

Según a publicación firmada polo alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, as queixas sobre incumprimentos seguiron chegando ao concello nas últimas semanas. O concello está notificando por medio da Policía Local, e con acuse de recibo, as normas a cada local individualmente e fai un chamamento para que se cumpran as medidas de prevención.

Ordes suspenderá as licencias dos que incumpran as normas en dúas ocasións

O alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo

As medidas e a comunicación chegan despois da nova norma que obriga ao uso da mascarilla en todo momento, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado sábado.

Suspensións e apertura de procedementos sancionadores

No comunicado advírtese de novo de que os locais deberán “poñer en lugar visible e respectar o aforo establecido (tanto do local como das terrazas), manter as distancias interpersoais, uso obrigatorio de máscaras, e limpeza e desinfección continua”.

Advírtese ademais de que o período de aviso rematou e ” no sucesivo todos os incumprimentos observados ocasionarán apertura do oportuno expediente sancionador”.

No caso de que se aprecie un risco grave ou perigo inminente para as persoas e os bens ou a convivencia entre a cidadanía, os axentes dos corpos e forzas de seguridade poderán adoptar de forma directa, tras o requirimento previo ás persoas titulares da actividade e no caso de que este non fose atendido, a suspensión inmediata da actividade (incluída a que se desenvolve na terraza autorizada na vía pública) e o desaloxo e precinto do establecemento aberto ao público e o depósito, retención ou inmobilización dos bens (mesas, cadeiras, parasoles etc), efectos relacionados coa actividade.

As suspensións da licencia en caso de incumprimento no se limita ás terrazas xa que “o mesmo feito observado no interior do local supoñerá o inicio dun procedemento co fin de garantir a saúde da veciñanza, que poderá ocasionar a suspensión ou prohibición temporal da actividade ou clausura temporal do establecemento aberto ao público, en función do tipo de infracción cometida”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial