O Ordes Club de Taekwondo Boudsport foi recibido no concello polos bos resultados do ano

0

Ordes, 24 de Nadal do 2017 – O Club de Taekwondo Boudsport foi merecedor dun recoñecemento especial no Concello de Ordes por parte do alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira.

Ambos dirixentes felicitaron a deportistas, adestradores, cadro técnico e membros da Asociación Deportiva de Taekwondistas da Comarca de Ordes polos bos resultados acadados no Campionato de España de Clubs 2017, o cal tivo lugar en Castelló os pasados 8, 9 e 10 de decembro.

Unha competición que xuntou a máis de 3.300 deportistas de toda España e da que regresaron cun total de oito metais. Concretamente estes foron os nomes propios que subiron ao podio:

Campioa de España Precadete:    Ainara Loureiro López (Precadete).

Subcampións de España: Mateo Boudjenane Liñares (Precadete). Cristóbal Boudjenane Núñez (Máster)., Álvaro Regueiro Caamaño (Júnior). Uxía Castro Rodríguez (Precadete).

Bronces nacionais: Carla Diéguez Veiras (Cadete). Abril Viqueira Pose (Precadete). Daniel Botana Beis (Precadete).

Ademais, tamén se aproveitou a ocasión para recoñecer o novo logro do deportista do Boudsport  Rodrigo Varela Mirás, subcampión galego no Campionato Sénior de Taekwondo, o cal se disputou en Ribeira. Todas e todos recibiron de mans da edil de Deportes un diploma, quen tamén animou aos asistentes a participar na I San Silvestre de Ordes o vindeiro 31 de decembro.

Tamén houbo mencións especiais para o traballo realizado por xente como Rubén Madueño ou Pablo e Pedro Vidal, en apoio tanto ao club como a moitos dos taekwondistas en particular.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies