Ordes ten un novo tractor e desbrozadora

0

Bisbarra, 13 de maio do 2019 –  Xosé Manuel Rodríguez, concelleiro de Industria de Ordes, recolleu o tractor e as dúas desbrozadoras (unha arrastrada e outra de brazo) cedidas pola Consellería de Medio Rural ao municipio.

A entrega do tractor e o equipamento tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, ata onde tamén se desprazou a xefa territorial da Consellería de Medio Rural na Coruña, Mónica López López.

Ademais do Concello de Ordes os de Padrón e Lousame tamén recibiron a mesma dotación mecánica destinada, entre outras, ás tarefas de mantemento de pistas e viais no eido rural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial