займ срочно

Trazo abriu os cursos Enredando que organiza o CIM de Ordes

0

Ordes, 28 de agosto do 2019 – A alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez López, inaugurou a primeira edición do curso Enredando, organizado polo Centro da Información a Muller, CIM, de Ordes.

En este primeiro Enredando, 16 mulleres recibirán formación sociolaboral para aplicar na vida persoal e na busca de emprego, coas ferramentas dixitais como vehículo para poñer en práctica todo o aprendido.

Competencias dixitais

O programa consiste nunha serie de xornadas gratuítas que terán lugar nos seis concellos da comarca de Ordes. Está dirixido a mulleres que aprenderán a usar o ordenador e o teléfono móbil como ferramenta de comunicación e de traballo.

Un dos aspectos máis destacados será dominar os procedementos de uso dos certificados dixitais para realizar trámites da vida diaria con diversas administracións públicas: Seguridade Social, SERGAS, Facenda, concellos etc. Tamén haberá tempo para practicar actividades artísticas que favorezan o empoderamento persoal a través do ocio.

A edición de Trazo durará ata o 11 de setembro en horario de tarde. Na Comarca de Ordes realizaranse ademais 6 edicións nas próximas semanas cunha duración lectiva de 35 horas, repartidas en 12 días a razón de 3 horas diarias.

CIM Ordes cursos EnredandoInscricións e datas

As persoas interesadas en realizar esta formación poden inscribirse nos Servizos Sociais municipais e no CIM da Mancomunidade de Ordes (981 682 108; cim@mancomunidadeordes.gal)

As persoas poden inscribirse na edición que mellor lle conveña por cuestións de residencia, de traballo ou persoais. Está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Nos próximos días irase publicando a data e lugar das restantes edicións. Estas son as fixadas ata o momento:

– Tordoia, do 2 ao 17 de setembro, de 17 a 20 da tarde

– Ordes, do 9 ao 24 de setembro, de 10 a 13 horas

– Mesía, do 12 ao 27 de setembro, de 10 a 13 h

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies