Basket e fútbol na fin de semana do concello de Ordes

0

Ordes, 7 de agosto do 2019 – O concello de Ordes celebrará os próximos 10 e 11 unha fin de semana deportiva cos trofeos de fútbol do concello e de San Roque e o I Torneo de Basket 3×3 que comezará xa o venres 9.

Torneo de Basket 3×3

I Torneo Basket 3x3 OrdesSerá o que abra a fin de semana xa o venres. O I Torneo de Basket 3×3 está organizado polo Concello de Ordes. Os partidos terán lugar na pista multideporte situada no Campo da Feira, aínda que en caso de chuvia trasladaranse ao pavillón Campomaior.

En total participarán 8 equipos da categoría maiores de idade. Serán o Queique, Jordanos, Coruños, Vanir Tattoo, Balón no Cesto, Consello de Sabios, Equipo A e Cen Sabores. Os horarios dos encontros irán dende as 20.20 ata as 22 horas o venres, e de 10.30 a 13.30 horas o sábado.

Fútbol por partida dobre

Sábado e domingo disputaranse os Trofeos de San Roque e do Concello de fútbol. Os partidos disputaranse nas instalacións deportivas de Vista Alegre.

A hora de inicio dos partidos do Trofeo San Roque está posta para as 16.30 horas. Neste caso os equipos participantes son: Veteráns Ordes, Poulo C.F. Veteráns, S.D.C. Órdenes Veteráns, Mesón do Vento C.F. Veteráns e Teke Teke C.F. Veteráns.

No caso do Trofeo Concello de Ordes comezarán ás 18 horas entre as aliñacións da S.D.C. Órdenes, S.D. Santa Cruz de Montaos e a A.D. Vila de Ordes. En ambos casos os equipos son todos locais.

Ditos trofeos están organizados polo Departamento de Deportes do Concello de Ordes.

Basket e futbol en Ordes

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial