Servizos Sociais de Ordes pon en marcha a campaña Un Nadal para todos e todas

0

Ordes, 6 de decembro do 2017 – O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes emprende, un ano máis, a súa campaña Un Nadal para todos e todas.

Ata o 16 de decembro calquera veciño ou veciña poderá axudar ás familias con menos recursos de cara ás vindeiras festas de Nadal.

Simplemente basta con adquirir produtos envasados ou bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán, Día%, Feiraco, Froiz e Eroski e depositalos nos contedores instalados nos mesmos establecementos.

Segundo os datos rexistrados en campañas anteriores a media de produtos doados polos habitantes de Ordes supera os 1.000 produtos.  

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies