Ordes pon en marcha, un ano máis, Unha viaxe pola Cultura

0

Ordes, 29 de xullo do 2018 – Un ano máis o concello de Ordes aposta polo entretemento de verán por medio da cultura co programa estival Unha viaxe pola Cultura.

Unha viaxe pola Cultura está Dirixida a un público familiar e engloba unha amplísima variedade de espectáculos e actividades para disfrutar gratuitamente as tardes do 1 ao 17 de agosto.

A alameda de Ordes será o escenario principal para a maioría das citas, que darán comezo a partir das 20 horas, e que en caso de chuvia trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura. O programa conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Galicia o bo camiño, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Gadis.

A programación

1 agosto. Clown. ‘Ritmo Refugallo’.

2 agosto. Maxia. ‘Kenneth Illusionist’.

3 agosto, ás 17 horas, no Campo da Feira, ‘Día do Neno e da Nena’. (Se chove no pavillón Campomaior).

4 agosto. Día das bandas.

5 agosto. Encontro folclórico.

6 agosto, no local social da rúa Reconciliación, espectáculo para bebés. ‘A Alfombra Máxica’. As prazas son limitadas polo que deberán reservarse a partir do 30 de xullo no Departamento de Cultura.

7 agosto. Espectáculo de aéreos. ‘Risco Chosco Riscando o Ceo’.

8 agosto. Monicreques. ‘As mil e unha noites’.

9 agosto. Concerto en familia. ‘A Gramola Gominola. Cancións para desafinar’.

10 agosto. Aéreos. ‘Desastronauts Circo Expreso: Máis alto aínda’

11 agosto. Pallasos e humor. ‘Pallaso Popín’.

12 agosto. Teatro, monicreques e maxia. ‘Xan Perillán compra queixo compra pan’.

13 agosto. Boleros. ‘Son Boleros Cuarteto: Homenaxe á música latina’.

Festas patronais

Dende o 14 ata o 17 de agosto Ordes celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María.

O primeiro día terá lugar o II Festival Sons de Ordes con Dani Royo e Heredeiros da Crus. O día grande das festas, o mércores 15, haberá misa solemne e procesión (12 horas) seguida das actuacións dos gaiteiros e cabezudos da Asociación Cultural Espadana Tradicional, da Banda Escola de Musica de Rianxo, e das orquestras Principal e Palladium. O xoves 16 terá lugar o Día do Emigrante, con misa e ofrenda floral ante o monumento dedicado á diáspora galega (13 horas), ademais da actuación do grupo Acirema e do III Festival Folk con A Roda e Leilía. As orquestras Ceniza e Olympus porán o broche final ás festas o venres día 17.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial