A vila mexicana de Veracruz estará en ExpoOrdes 2018

0

Ordes, 8 de outubro do 2017 – A comitiva do concello de Ordes que visita Veracruz, en Mexico, reuniuse con representantes do sector empresarial e conseguiu a presenza da vila mexicana no ExpoOrdes 2018.

O alcalde de Ordes, José Luís Martínez, encabezou a reunión co  Consello Coordinador Empresarial de Veracruz e estivo acompañado dos edís de Comercio e Medio Ambiente, José Manuel Rodríguez e Ana Soneira.

No encontrotamén estiveron presentes Xesús Pedreira, da agrupación socialista de Ordes, así como Ángel Maldonado, rexedor terceiro do municipio de Vercruz. Outros nomes propios foron os de Sandra Isabel Vázquez, presidenta da Asociación Mexicana de Mulleres Empresarias; José Manuel Urreta, presidente del Consejo Coordinador Empresarial de Veracruz-Boca del Río; Juan José Sierra Álvarez, presidente de COPARMEX, ademais de Santiago García Mirás, director adxunto do Grupo Ramón García, que posúe sede en México (Toluca).

 “O principal obxectivo desta iniciativa é o establecemento de sinerxías que permitan establecer vínculos comerciais entre Ordes e Veracruz”, declarou Martínez Sanjurjo quen, entre outros temas, falou tamén do parque empresarial de Ordes e da súa excelente situación e redes de comunicación tanto por vía terrestre como pola proximidade do porto da Coruña. Tamén resaltou a situación loxística que o municipio posúe dentro da provincia, ademais de facer unha presentación das empresas máis importantes e con proxección internacional que están asentadas na localidade ordense dende hai anos. Por suposto tamén falou do sector primario e do peso específico que ten a produción comarcal dentro do mercado.

ExpoOrdes 2018

Un dos acordos pechados no día de onte foi a presenza de Veracruz en ExpoOrdes 2018, onde terá un posto propio que se manterá ao longo das vindeiras edicións. Nel ofrecerase todo tipo de información sobre aspectos turísticos, empresariais, industriais, ademais de ser un espazo que propicie o intercambio multisectorial entre ambas comunidades.

As visitas culturais ocuparon o resto da xornada, sen que a estela de Isabel Zendal se deixara de notar. Así foi tanto no percorrido polo arquivo histórico, onde puideron ver e analizar documentos relacionados coa erradicación da varíola no continente, como na súa estancia no Museo Naval. Novamente o rexedor terceiro Ángel Maldonado exerceu de anfitrión para a comitiva ordense.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies