займ срочно

A Mancomunidade de Ordes viaxa a Derry para coñecer o programa Galeuropa

0

Ordes, 5 de novembro do 2017 – Unha representación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes desprazouse ata Derry (Irlanda) para comprobar de primeira man o desenvolvemento do programa Galeuropa.

Ademais dos técnicos encargados de implementar esta iniciativa formativa e laboral entre a poboación ordense, ata alí tamén se desprazaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como os concelleiros e concelleiras María de los Ángeles Álvarez Carro (Frades), Susana García Gómez (Ordes), Beatriz Rodeiro Fernández (Oroso), Manuela González Pallas (Tordoia) e Manuel Pereiro Muíño (Trazo).

A visita inclúe diversos actos con políticos locais e representantes do eido empresarial. Os encontros terán como principal obxectivo a análise de sinerxías comúns para a mellora e o crecemento desta iniciativa. Un deles foi co Concello de Derry, onde a delegación comarcal foi recibida por Maolíosa McHugh, alto representante municipal. Tamén tiveron ocasión de visitar algunhas das familias que acollen aos bolseiros e os lugares de traballo onde realizan as súas prácticas laborais, co fin de coñecer de primeira man como é o seu día a día. Ademais tamén compartiron parte da xornada con moitos deles, que serviron como anfitrións e guías á hora de coñecer moitos dos lugares máis representativos e turísticos da cidade.

O programa Galeuropa

Co principal obxectivo de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais, e co fin de mellorar a formación e a adquisición de experiencia para a inserción laboral, por primeira vez a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes participa no programa Galeuropa. Del benefícianse 20 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos a través de prácticas en sectores relacionados co dereito, cooperación internacional, cultura, educación, márketing etc. 10 destas persoas escolleron como lugar de residencia Reino Unido, mentres que outros 5 se decantaron por Italia e Portugal respectivamente.

Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo cun orzamento total de 2.177.000 euros. Unha partida destinada a financiar e apoiar a mobilidade da mocidade galega  para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas entre dous e tres meses de duración en entidades ou empresas de 27 países da Unión Europea.       

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies