Comezan as obras nas beirarrúas do polígono de Merelle en Ordes

0

Ordes, 11 de setembro do 2019 –  O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Ordes José Luis Martínez, visitou o inicio das obras de mellora das beirarrúas e dos servizos no polígono industrial de Merelle.

Os traballos en Merelle consisten na ampliación e mellora de 2.853 metros cadrados de beirarrúas. O investimento total ascende a 116.750 €, dos cales o 80% están sufragados pola Consellería de Consellería de Economía, Emprego e Industria, mentres que o 20% restante corre a cargo do Concello de Ordes.

Visita polígono industrial de Merelle.Construiránse 990 metros lineais de beirarrúas con bordo de formigón e a colocación da tubaxe para sistema de iluminación pública entre outras medidas. De maneira previa procederase coa demolición, nivelación e compactación do terreo existente a día de hoxe. En total a actuación contémplase sobre unha superficie de máis de 2.850 metros cadrados nos que se reporán as beirarrúas existentes debido ao seu deficiente estado de conservación, ademais de ampliar o ancho actual en 2,30 metros.

En conxunto a Xunta de Galicia outorgará 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, tendo prioridade os denominados Concellos Emprendedores (32).

Visita polígono industrial de Merelle.Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) teñen como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias, aínda que tamén se instalarán sistemas de seguridade e vixilancia (6), ademais de plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con vertedura á depuradora municipal (8). Tamén se levarán a cabo instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial