займ срочно

Ordes acolle a XX Xuntanza de Bandas de Música

0

Ordes, 1 de agosto do 2019 – A música de banda será a protagonista da fin de semana en Ordes xa que acolle a vixésima edición da Xuntanza de Bandas de Música.

A Xuntanza de Bandas de Música está organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música en colaboración co Concello de Ordes e a Deputación da Coruña. Terá lugar este próximo sábado a partir das oito da tarde na Alameda da vila.

Xuntanza de Bandas en Ordes

Imaxe da edición 2018

Nesta ocasión a banda anfitrioa, a de Ordes, contará coa participación da Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes. Ambas formacións deleitarán a todas e todos os asistentes cun amplo repertorio que inclúe muiñeiras, obras  de compositores galegos interpretadas no Certame Galego de Bandas e os tradicionais pasodobres.

Banda de As Pontes

Banda Cultural e Recreativa de As Pontes

Naceu no ano 1987 impulsada polo actual presidente, por aquel entón alcalde, D. Jaime Vilaboy Ramil. Comezouse por contratar a un director, o mestre D. Herminio Prieto Castro, e mercar o equipamento musical necesario e a principios de abril comezaron os ensaios.

O 25 de outubro do mesmo ano realizouse a presentación da Banda no Cine Alovi. O éxito que supuxo a estrea viuse reflectido coa posta en funcionamento do actual Conservatorio Profesional que ten a vila. Realizáronse actuacións ó longo de toda a xeografía galega, outros puntos de España e países veciños; festivais e certames de gran sona; procesións marítimas, procesións como as de Semana Santa en Zamora, concertos conxuntos con outras agrupacións como Masas Corais, Bandas de Gaitas, Rondallas, Ballets,…Tamén concertos líricos ou didácticos, participacións en programas da RTVG e da TVE, etc.

A Banda das Pontes organizaciou o primeiro Curso de Dirección de Bandas en Galicia, patrocinado polo IGAPE e a Federación Galega de Bandas Populares de Música Populares. Tamén cabe destacar o gran orgullo que para esta agrupación supuxo a recopilación e investigación que deu lugar á reaparición e presentación do antiguo Himno de As Pontes

Foron varios os directores que pasaron por esta agrupación, destacando a presencia de D. Juan Bernat que estivo á fronte da agrupación durante 15 anos. Neste período fundouse a Escola de Música, fonte de formación actual dos compoñentes da agrupación bandística e a Banda Xuvenil, que é a agrupación onde os nenos adquiren máis coñecementos para acceder á Banda Cultural.

Dende o ano 2010, a Banda está dirixida por D. José Lodeiro Gesto. Esta agrupación conta actualmente con 35 músicos. Durante este período cabe destacar a celebración do 25 aniversario da Banda na que participaron tanto membros actuáis coma outros que pertenceron á agrupación nalgún momento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies