XXI Xuntanza de Bandas en Ordes

0

Ordes, 30 de xullo do 2020 – O vindeiro sábado día 1 de agosto a partir das 8 da tarde terá lugar a XXI Xuntanza de Bandas de Música en Ordes.

A cita anual está organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello da vila. O igual que todos estes anos, a Alameda será o lugar elixido para o concerto.

En este 2020 a Banda Municipal de Padrón acompañará no escenario á Banda de Música de Ordes. A organización xunto co concello aplicará todas as medidas de seguridade que establecen as autoridades sanitarias para este tipo de actos culturais. O evento estará delimitado a 200 butacas que gardarán a distancia de seguridade. Os asistentes deberán usar obrigatoriamente a máscara e antes de acceder ao recinto e deberán aplicar o hidroxel que terán a súa disposición.

XXI Xuntanza de Bandas en OrdesAs dúas bandas ofrecerán cadanseu concerto composto por pezas de todos os estilos: pasodobles, obras, bailables e muiñeiras encherán de notas a Alameda para dar cabida pouco a pouco e con responsabilidade a esta nova situación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial