A axencia espacial galega escolar bota a andar en Ordes

0

Ordes , 21 de xaneiro do 2017 – Máis de 150 estudantes de secundaria dos institutos Miraflores (Oleiros), Marcos do Camballón (Vila de Cruces), e Maruxa Mallo (Ordes) reuníronse onte  na Casa da Cultura de Ordes para levar a cabo a primeira sesión de cara á constitución da axencia espacial galega escolar, que por votación popular pasará a chamarse NOSA.

O programa arrancou en Ordes coa presentación do que pretende ser a primeira iniciativa destas características a nivel académico, e que toma como punto de partida o proxecto  MarumaSat. Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. Este supuxo o lanzamento dunha sonda espacial construída por alumnado do instituto ordense para recadar datos científicos para a súa posterior análise.

Posteriormente os integrantes de cada unha das comisións que formaron parte do proxecto explicaron ante todas e todos os presentes a metodoloxía de traballo levada a cabo. En total foron sete os grupos participantes referentes ás áreas de comunicación, meteoroloxía, científica, económica, de deseño e audiovisual.

Mostra temática

Tamén se organizou unha mostra na que profesorado, alumnado e público asistente puideron ver os elementos cos que se traballou o pasado curso para levar a cabo o proxecto MarumaSat, o cal contou co financiamento de comercios e establecementos de todo tipo do municipio, así como por parte do Concello de Ordes e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Entre as persoas que non faltaron á cita estiveron as concelleiras de Educación e Medio Ambiente de Ordes, Susana García e Ana Soneira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies