займ срочно

Os poemas de Rosalía xa están nas rúas de Silleda

0

Silleda, 21 de febreiro do 2017 –    Dende onte luns e ata o próximo venres a figura de Rosalía de Castro será protagonista en Silleda a través dos seus versos.

Dende a Concellería de Cultura elaboráronse carteis conmemorativos cos poemas seleccionados polos centros educativos do municipio, carteis que estarán durante toda esta semana en máis dunha vintena de establecementos comerciais e nos edificios públicos.

Dende a Concellería de Cultura de Silleda  agradécese a participación dos colexios nesta iniciativa que baixo o lema “Poemas na rúa” volve a render homenaxe a Rosalía de Castro , a autora de Follas Novas, no 180 aniversario do seu nacemento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies