Oroso concede máis de 75.000 euros en axudas

0

O Concello de Oroso incrementou nun 43% as achegas nos últimos tres anos, sobre todo debido ao aumento do número de adultos e rapaces que practican deporte no municipio

Oroso, 23 de novembro do 2016.- O Concello de Oroso vén de conceder un total de 75.875 euros en axudas ás distintas entidades cidadáns do municipio. Unhas axudas que beneficiarán directamente a 28 entidades de participación cidadá, asociacións educativas, clubs e escolas deportivas, entidades de asistencia social e voluntarios de Protección Civil que desempeñan a súa actividade no termo municipal de Oroso.

Nos últimos tres anos, o Concello de Oroso incrementou as súas achegas nun 42,89%, pasando dos 53.100 euros de 2013 aos 75.875 euros actuais. Ademais dos incrementos das propias achegas económicas, nestes últimos tres anos case se duplicaron o número de entidades, pasando de 15 a 28 beneficiarios. Especialmente destacado é o caso do deporte, no que as achegas se incrementaron un 209% nos últimos catro anos, pasando dos 13.000 euros de 2012 aos 40.200 euros consignados para 2016.

De feito, esta achega ás entidades deportivas é a máis importante cuantitativamente falando xa que os 13 clubs e escolas deportivas de Oroso, onde están anotados máis de 1.200 veciños e veciñas do municipio, especialmente nenos e nenas. De feito, o alcalde orosán, Manuel Mirás, explica que “na concesión destas axudas temos especialmente en conta tanto o número de socios da entidade como o interese social da proposta realizada. Por iso, un ano máis a partida que rexistra un maior incremento é a de deportes, xa que en Oroso contamos con máis de 1.200 veciños e veciñas practicando algún tipo de deporte, fronte aos 700 que había hai tres anos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial