Oroso a piques de rematar as melloras na área de lecer de Sigüeiro que inclúen a cuberta da piscina

0

Oroso, 31 de xaneiro do 2019 – Oroso rematará antes da primavera as melloras na zona da piscina de Sigüeiro que está sendo ampliada. Os traballos inclúen unha cuberta para a piscina que será licitada nos próximos días.

En palabras do alcalde, Manuel Mirás,  “Cada vez son máis os usuarios e as actividades que organizamos no complexo polo que quixemos dotar ás instalacións de varias melloras”. A principal novidade será a cuberta da piscina que terá un investimento de 210.475 euros e que será licitada proximamente. A infraestrutura consta de varios módulos acristalados que poden ser abertos en verán para deixar a zona descuberta. Non se contempla polo momento que leve climatización.

Imaxe das obras na zona de lecer de Sigüeiro en OrosoO proxecto de mellora comprende tamén uns novos vestiarios. A pasada campaña de verán en Sigüeiro foi un éxito, con centos de persoas participando nos cursos de natación e nas actividades organizadas polo Concello. O exterior das instalacións foi ademais o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís.

“Os traballos que puxemos en marcha servirán para albergar máis actividades, ademais de estender o uso a outras épocas do ano coa cuberta” engade Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial